Publicación da guía semFYC “Facer e non facer na atención á adolescencia”

Presentada no último Congreso da semFYC e con participación do Grupo de Traballo de Atención á Infancia de AGAMFEC, nesta guía preséntasenos un eneálogo de recomendacións a NON FACER e FACER na atención á adolescencia.

NON FACER:

  • Centrar a atención exclusivamente en demandas biomédicas
  • Derivar sempre a saúde mental en solicitudes de cambio de xénero
  • Culpabilizar polo consumo de substancias adictivas
  • Realizar citoloxías en mulleres menores de 25 anos
  • Ignorar os riscos do uso da internet e as redes sociais
  • Realizar probas de imaxe para calquera dor de costas
  • Solicitar un perfil lipídico sen valorar o risco cardiovascular
  • Realizar un test de drogas sen informar ó ou á menor
  • Prescribir benzodiacepinas ante problemas de ansiedade ou insomnio

FACER:

  • Desenvolver unha entrevista centrada no adolescente
  • Valorar e rexistrar presión arterial, talla e peso
  • Fomentar a autonomía
  • Explorar a ideación suicida en adolescentes e mozos/as de risco
  • Promover a actividade física.
  • Normalizar a atención ao adolescente transxénero
  • Ofrecer o uso de implantes subcutáneos de proxesterona a adolescentes con actividade sexual
  • Valorar a necesidade de tratamento farmacolóxico para o trastorno por déficit de atención e hiperactividade
  • Seleccionar aos/ás adolescentes que se beneficiarían dun tratamento antidepresivo

Podedes descargar a guía dende a páxina de semFYC ou dende guías e recursos ( de balde para socios/as)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *