PROBLEMAS DE SUBMINISTRO DA VACINA Td (TÉTANO-difteria)

Adaptación temporal do calendario de vacinacion e vacinacion adultos. Febreiro 2017.

As dúas compañías subministradoras que teñen comercializada a vacina Tétano-difteria (Td), laboratorio Glaxo-Smith-Kline (vacina Ditanrix®) e laboratorio Sanofi Aventis (vacina Difatvax®), comunicaron ás autoridades sanitarias o seu desabastecemento parcial, indicando que este ano 2017 ían importar a metade das doses do ano pasado. Neste momento descoñécese o tempo que vai ser necesario para resolver este problema, aínda que pode prolongarse a medio prazo.
Ante esta situación, a Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial de Saúde acordou diversas medidas para garantir o subministro , priorizando o uso desta vacina naqueles casos de maior risco e buscando minimizar as repercusións sobre o programa de vacinación.

En Galicia, este acordo concrétase do xeito seguinte:
[1] Priorizar a vacinación con Td na profilaxe postexposición ante feridas tetaníxenas:
Nestes casos, todo o persoal do sistema sanitario debe aterse estritamente ás directrices formuladas e recabar toda a información dispoñible sobre o número de doses de vacina fronte ao tétano xa recibidas. A relación das feridas tetaníxenas e o xeito de tratalas pódese consultar na seguinte ligazón.

[2] Suspender temporalmente a vacinación con Td nos adolescentes aos 14 anos:
Esta dose será restituída cando se normalice o subministro normal desta vacina. O seu aprazamento non supón ningún risco incrementado xa que estes nenas/os recibiron previamente 5 doses, polo que están perfectamente protexidos fronte a estas enfermidades.
Está previsto que os afectados pola suspensión temporal da vacina dTpa dos 6 anos (nacidos no ano 2009-2010) recibirán proximamente a dose atrasada así como a normalización desta dose no calendario.

[3] Suspender temporalmente a dose de reforzo no adulto:
Aqueles adultos que iniciaran a pauta de vacinación con anterioridade, non se lles completará a mesma ata que se restableza o subministro.

[4] Suspender temporalmente a primovacinación no adulto:
Agás ante feridas tetaníxenas e outras posibles situacións de risco elevado, que serán –estas últimas– avaliadas pola Xefatura Territorial correspondente tralo envío do informe sobre o caso (teléfonos das Xefaturas Territoriais: SAEG: AC: 981.15.58.35 │ LU: 982.29.21.14 │ OU: 988.06.63.38 │ PO: 986.88.58.72 │Fóra do horario de oficina: 649.82.90.90 [ou 061] ).

A nota informativa completa pódese consultar a continuación

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies