Premio de investigación de Medicina de Familia WONCA 2015

Grazas á xenerosa doazón da Asociación Chinesa de Taipei de Medicina de Familia a WONCA, convócase este premio de investigación que consta de tres en realidade, cada un deles de 1,000 $, que se outorgarán a tres novos investigadores emerxentes para viaxar a Taiwán para presentar o seu traballo no Congreso WONCA Rexión Asia-Pacífico 2015, que se celebrará en Taipei os días 4 e 8 de Marzo.

Criterios de selección:

  1. Ser un investigador junior: aquel que non teña máis de 5 publicacións revisadas por pares.
  2. O investigador debe ser un médico de familia clínico.
  3. O tema de investigación debe estar relacionado coa atención primaria.
  4. O candidato debe presentar un artigo completo para optar ao premio. O mesmo pode ser enviado para a súa publicación, pero non estar aínda publicado.
  5. As solicitudes non se limitan aos médicos da rexión de Asia Pacífico.
  6. A selección basearase no mérito científico e o impacto potencial dos resultados nos pacientes.

¿Como solicitalo?

As solicitudes deben ser enviadas por correo electrónico á Secretaría da WONCA (manager@wonca.net).
A solicitude consiste no traballo de investigación e unha carta de presentación que demostre que o candidato cumpre cos criterios de adjudicación.
Data límite para a presentación: 28 de Novembro de 2014.
Resultados: Os gañadores daranse a coñecer o 31 de Decembro de 2014.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies