POSICIÓN DE AGAMFEC ANTE A SITUACIÓN DAS RESIDENTES DE MEDICINA FAMILIAR E COMUNITARIA

0 257

A AGAMFEC amosa o seu apoio aos residentes de último ano e manifesta a necesidade da correcta distribución dos recursos humanos na crise do coronavirus.

O remate da etapa formativa dos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, tras catro anos de aprendizaxe, nos que se van incorporando progresivamente a asunción de responsabilidades profesionais, é de sempre un momento de  vital trascendencia cheo de ilusión pero non exento de certo nivel de estrés. Ao adquirir a condición de especialista  as decisións en saúde pasan a ser completamente autónomas.

As medidas adoptadas polas autoridades destinadas a conseguir un incremento da disponibilidade de persoal se ben están plenamente xustificadas por mor da crítica situación que estamos a vivir, deben acompañarse do tino necesario para non as convertir en  elementos que xeneren ansiedade nos profesionais e descoordinación no sistema.

A día de hoxe, en Galicia, os residentes de último ano viven con total incerteza cal vai ser o seu futuro inmediato.  Sabemos que continuarán como residentes ate que remate a crise, segundo o dictado polo goberno central. Pero aquí comezarán a desenvolver o seu traballo en calidade de especialistas tras unha valoración académica provisional que os considera aptos para tal función. A cantidade de interrogantes sobre como se vai articular dito desenvolvemento profesional enche de incerteza o futuro inmediato destes profesionais.No que respecta ao residentes de medicina familiar e comunitaria a incerteza faise ainda mais grande.

Dende a AGAMFEC entendemos que se debe resolver  inmediatamente a incerteza que estamos todos a vivir e nomeadamente os residentes que se incorporan. E pensamos que o primeiro paso debe ser situalos nos centros de saúde onde viñan desenvolvendo a sua formación. Ese debe ser o seu destino inicial. Partindo dese destino inicial, deben ser tratados en igualdade de condicións e dereitos coas  demáis profesionais dese Centro de Saúde. Todas as categorías profesionais que prestan servizo na Atención Primaria están ao dispor das autoridades para traballar alí onde sexamos máis necesarios, en función dos nosos coñecementos e habilidades

É importante subliñar, tamén, a situación dos residentes de medicina familiar e comunitaria de 1º, 2º e terceiro ano; cremos deben realizar o seu traballo nos centros de saúde onde están asignados,  realizando sobre todo traballo de medicina  comunitaria, tan importante e esencial nestes momentos con consultas proactivas así como axudar no seguemento domiciliario de pacientes e contactos, se é o caso; así coma outras funcións que nestes intres están a ser necesarias nos centros de saúde.

Non debemos sometelos a riscos innecesarios. Distribuíndoos  nos servicios de urxencias hospitalarias, onde debido a situación de estress importante coa que se traballa, e dado que non olvidemos  que se trata de persoal en formacion, poden supoñer un risco para eles mesmos e para os demais.

Polo que pensamos poden e deben desempeñar unha labor  fundamental para os pacientes nos centros de saúde e, ademais, continuamente supervisados.  

A  Xunta Directiva de AGAMFEC

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies