PERSOAL SANITARIO DE TODAS AS CATEGORIAS PARTICIPARON NA DERRADEIRA EDICIÓN DO ANO DO CURSO DE SOPORTE VITAL INMEDIATO

As intalacións do Colexio Oficial de Medicina de Santiago de Compostela acolleron os pasados días 26 e 27 de outubro a que foi a derradeira edición do cuso de Soporte Vital Inmediato do organizada e impartida polo Grupo de Urxencias da Agamfec.

Ao curso asistiron preto de 20 participantes de todas as categorías sanitarias chegados de todas as zonas de Galicia. Entre os asistentes contouse con persoal técnico de emerxencias, persoal de enfermería e persoal de mediciña.

Durante as 8 horas de fase presencial traballáronse aspectos relacionados coa abordaxe do doente crítico mediante a aproximación ABCDE e a reanimación cardiopulmonar de calidade. Ademáis os asistentes participaron en varios obradoiros simultaneos sobre o manexo avanzado da vía aerea, as diferentes arritmias e a desfibrilación.

O alumnado asistente nesta edición participou con gran entusuasmo e dedicación nas distintas estacións de traballo ademáis de salientar a practicidade dos contidos e o dinamismo da sistematica deste tipo de formacións eminentemente prácticas.

Autor/es
Etiquetado como , , ,

Publicacións relacionadas

*

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies