Participación da AGAMFEC no IV Curso de oncoloxía para atención primaria e facultativos non oncólogos

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
IV Curso de oncoloxía para atención primaria e facultativos non oncólogos

No dia de onte celebrouse na sede do Colexio de Medicos de Vigo a derradeira sesión do III módulo do curso de Oncoloxía para médicos de Atención Primaria. Nesta sesión abordouse o tema dos cuidados paliativos nestes doentes. O coordinador do grupo de traballo de coidados paliativos da Agamfec, David Vaquerizo, fixo unha exposición sobre os temas éticos no coidado dos doentes e una reflexión sobre a dignidade e a obriga dos médicos neste difícil trance.

Como clausura houbo unha mesa redonda na que participou o presidente da Agamfec, Jesús Sueiro, que relatou a sua experiencia como referente de cuidados paliativos no seu centro de saude na área de Santiago e apostóu por implicar a través da formación a todolos médicos de primaria para asumir a atención dos pacientes ata as derradeiras horas da sua vida porque, ainda que na atención hospitalaria seguen pensando en hipertrofiar os seus servizos, éstes non van a ser quen de dar resposta a toda a poboación galega.

Tras un interesante debate finalizou a xornada, que axudou a acercar as especialidades de Oncoloxia e Paliativos a Atención Primaria.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies