O terceiro WEBINAR #COVID19semFYC abordará a “Detección e manexo de casos” en Atención Primaria

0 78

Este xoves 28 de maio, a semFYC invítache a participar no terceiro WEBINAR sobre COVID-19, coordinador polos expertos José María Molero e Javier Arranz, do Grupo de Traballo en Enfermidades Infecciosas da semFYC, e Jesús Redondo, do Grupo de Traballo en Enfermidades Infecciosas da SoMaMFyC (Sociedad Madrileña de Medicina de Familia y Comunitaria). Nesta ocasión, a temática xira arredor do cambio de paradigma no que se atopa a Atención Primaria na actualidade, pasado xa o momento no que se apostou fortemente polo sistema hospitalario para frear a pandemia.

Dita decisión de apostar polo ámbito hospitalario foi tomada de forma mimética coa de países como Italia, Corea do Sur o China, con sistemas de Atención Primaria moito máis febles que o Sistema Nacional de Saúde de España. Dita decisión foi un erro, segundo a postura defendida en múltiples ocasións por parte da semFYC e outras organizacións científicas e médicas do primeiro nivel asistencial, xa que os especialistas de Atención Primaria son quen mellor coñece aos pacientes e as súas comunidades.

O primeiro WEBINAR, ‘Todo o que sabemos sobre o virus e a COVID-19’, realizouse ao comezo da pandemia, cando había un mar de incertezas e dispuñamos de moi pouca evidencia científica. Naquela ocasión, José María Molero remitiu as súas valoracións e análises, en gran parte, aos estudos realizados desde o principio da epidemia en China, e á incipiente evidencia que comezaba a publicarse no norte de Italia. Xunto ao tamén membro do GdT en Enfermidades Infecciosas da semFYC, Javier Arranz, tamén se aportou información contrastada sobre as primeiras polémicas que se estaban a xerar – propias de escenarios incertos como os que vivimos nestas últimas semanas. Entre elas, destacan temas como a prescrición do Ibuprofeno.

No segundo WEBINAR organizado polo semFYC abordáronse, precisamente, as grandes dúbidas ante «as certezas incipientes que xa tiñamos dispoñibles». Os primeiros tratamentos farmacolóxicos, a incidencia sobre certos grupos de idade, os condicionantes previos, os escenarios de infección, o emprego de mascaras, a protección dos sanitarios… Precisamente, aproveitouse para denunciar a falta e protección dos profesionais sanitarios, declaración que se confirmaba cos alarmantes datos porcentuais que situaron a España como o país do mundo con máis contaxios entre sanitarios. Ademais, no segundo WEBINAR houbo espazo para as preguntas que milleiros de sanitarios foron enviando durante os días previos, á dirección [email protected]

Un mes despois do WEBINAR 2 ‘Dúbidas razoables e certezas’, o paradigma mudou e, finalmente, o primeiro nivel asistencial e os profesionais de Atención Primaria, médicos de familia, auxiliares, enfermeiros… estarán a cargo do control e a evolución da pandemia de COVID-19

A gran maioría de expertos consideran que aínda non entramos na era Post-COVID porque aínda temos novos casos e porque o traceo de contactos e a capacidade de facer test non é a óptima. Por iso, o papel dos profesionais de Atención Primaria en xeral e da Medicina de Familia e Comunitaria en particular, é agora máis importante que nunca para controlar que a desescalada e a transición se fai de forma responsable, que as curvas de contaxio van sendo minorizadas e que se evitan rebrotes, coa misión crucial de detectar, testear e tracear sen descanso.

VIDEO COMPLETO

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies