O Foro Galego de Atención Primaria

Este foro xurdiu como resposta a idea común de crear un espazo de debate activo e construtivo que incluirá a todos os profesionais dos equipos de atención primaria así como aos outros actores que tamén se preocupan pola saúde desta nosa atención primaria: pacientes, municipios, servizos sociais, asociacións…..

Pretendemos construir un espazo de traballo útil en continua actividade, coa elaboración de análises relevantes e consensuadas e coa liberdade de quen queira formar parte del e, xorde, tamén como resposta ás comisións e grupos de traballo con persoas prefixadas e que, a día de hoxe, non repercutiron nada na mellora da atención primaria.

En marzo do ano 2020 comezamos a nosa andadura como foro e espazo de debate, mais tivemos que suspender o primeiro encontro por mor da epidemia COVID 19, epidemia que puxo ao descuberto a falta de recursos do noso sistema sanitario. Pero conseguimos celebralo o 27 de Xuño do 2020 con temática de grande interese e actualidade, a atención compartida da demanda e o reforzo das áreas administrativas. Os vosos comentarios son necesarios.

Entón coma agora, queremos compartir un tempo para a reflexión. Entón como agora, no Foro, pensamos que é momento de seguir xuntos e debater. Como queremos que sexa a atención primaria, agora, xa: Que queremos conseguir, como, con que recursos.

E queremos invitarvos ó novo debate que celebraremos online o vindeiro 24 de marzo co tema dos coidados ao final da vida. Nesta xornada do foro galego impórtanos moito a vosa opinión, polo que o debate continuará nas redes sociais, dado que subiremos á páxina web o vídeo de cada intervención para o debate online, polo que vos animamos, a unha participación activa así como a súa difusión; para que este debate se manteña activo e constante. 

https://www.forogalegoatencionprimaria.com/events/os-coidados-o-final-da-vida/
¡¡¡¡¡¡¡Vide formar parte de este, o voso foro!!!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies