Novo número da revista Cadernos De Atención Primaria Volume 25 (2)

Xa podes descargar de maneira gratuíta o novo número da revista Cadernos De Atención Primaria

Neste novo volume, a editorial científica vén da man de Ana Clavería Fontán baixo o título ¿Existe la investigación en Atención Primaria?

Entre as súas páxinas tamén poderedes ler o artigo Análisis de las consultas de peregrinos al servicio de urgencias de un hospital en el Camino de Santiago, de Rubén Eduardo Molano Zárate ou a Evaluación de la adecuación a las guías clínicas en la insulinización de personas con diabetes de un cupo de Atención Primaria, de Alain García de Castro, Carla Blanco Vázquez, Begoña Bravo Bueno, Nerea López Ocaña e Francisco Javier Maestro Saavedra.

E, para saber máis…

Infecciones del tracto urinario. Abordaje clínico y terapéutico. Autores: Alejandra Marco Rodriguez e Enrique Nieto Pol.

-Tratamiento médico de la obstrucción intestinal maligna. Autores: Lara Otero Plaza e Víctor Sacristán Santos.

Entre os casos clínicos deste volume, Varón hipertenso con alteraciones en el ECG de control, de Alberto Lema Fernández, Juan Carlos Fernández Fernández e Norberto Proupín Vázquez; Radioterapia, el antecedente personal olvidado, de Beatriz Álvarez Sobrado, Antía Pérez Orozco e Cristina Álvarez Sobrado; Nódulos de Orf, de Cristina Rúa Castro e José Benito Martínez Rodríguez; Síndrome de Stokes-Adams: importancia de monitorizar al paciente, de María Goretti Buceta Eiras.

Neste novo número publícanse os traballos premiados na 3ª edición dos Premios á Investigación de Atención Familiar e Comunitaria da EOXI de Vigo.

Tamén se pode ler sobre a experiencia de Gloria González Cristobo e Noelia Chaves Serantes durante a rotación externa que realizaron en 2018 no Centro de Saúde Delsbo-Friggesund, en Suecia.

O volume 25 (2) da revista Cadernos de Atención Primaria péchase coa carta ao editor Eclipsamiento diagnóstico y salud mental. La importancia de una mirada no discriminadora, de Sonia Pedrosa Armenteros, Anna Salas Martínez, Daniel Vicente Rivera e Elena Morón Martínez.

Podes enviar o teu artigo para os vindeiros números seguindo as seguintes instruccións  https://revista.agamfec.com/envio-de-manuscritos/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies