AGAMFEC INFORMA COVID19

Nota de prensa de AGAMFEC sobre a idoneidade da medicina de familia na urxencia extrahospitalaria

Desde a AGAMFEC, tras as declaracións por parte da Asociación Galega de Anestesioloxía e Reanimación sobre a ampliación das prazas de Urxencias Extrahospitalarias a outras especialidades distintas da Medicina Familiar e Comunitaria, manifestamos o noso rexeitamento ante dita proposta. Asimesmo queremos engadir que os profesionais “máis ilusionados, máis capacitados e con maior compromiso” somos aqueles que ao longo da nosa formación MIR nos estivemos formando non só en Atención Primaria, se non en urxencia hospitalaria, urxencia extrahospitalaria (PAC e ambulancias medicalizadas) e que tras a formación MIR nos seguimos formando e actualizando.

A urxencia extrahospitalaria desenvólvese tanto en ámbitos de ambulancia medicalizada 061 como nos Puntos de Atención Continuada e é moito máis que pacientes críticos e emerxencias, é moito máis que acudir en minutos á emerxencia. Neles aténdese a moita outra patoloxía para a cal estamos formados e capacitados (patoloxía oftalmolóxica, xinecolóxica, pediátrica, traumatolóxica…), formación que non está contemplada noutras especialidades. Entendemos que devandita formulación xorde do descoñecemento da actividade extrahospitalaria, comprensible nunha sociedade de ámbito hospitalario, pero que para os que coñecemos de primeira man este ámbito esta formulación nin é plausible nin se axusta á realidade.

En Santiago de Compostela a 12 de Abril de 2022

Xunta Directiva da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies