Manifesto pola dignidade da Atención Primaria

0 334

Centos de médicas e médicos de familia, así como pacientes, démonos cita este sábado en Santiago de Compostela, unidos reivindicando a dignidade da Atención Primaria.

Ao remate da manifestación, e tras unhas emotivas verbas improvisadas de Carlos Eirea, Jesús Sueiro deu lectura ao manifesto «oficial», que nos gustaría compartir convosco.

«Hoxe vimos profesionais de toda Galicia e cidadans para amosar a nosa inquedanza e preocupación polo futuro da AP. Levamos anos anunciando unha situación de sobrecarga que pasou de ser puntual a habitual. Albiscabamos, sufrindo o presente, que futuro nos esperaba e como ía ser imposible dar resposta a nosa población, as suas necesidades sanitarias, asistencias e sociais.
A administración fixo das nosas advertencias un conto. Comezou reunindo a profesionais e colexios coma os reis dos contos infantís para tratar de curar á filla probe da sanidade. Todos opinaron e todos chegaron o mesmo diagnostico: a AP está feble, temos que alimentala darlle máis recursos. Coma un mal doente a administración seguiu sen facer caso e ante as protestas buscou segundas e terceras opinións, mais o diagnóstico non mudaba e a enferma cada día desfalecía no seu leito.
Seguiron ameazas de folga, despois folga, paros nos centros, asembleas… e seguimos agardando polo tratamento eficaz, que todo o mundo coñece:

Financiamento e xestión axeitada. Estamos cansos de escoitar a importancia da AP que o eixo vertebrador do sistema, a porta de entrada, a sa de estar, a guía dos doentes no seu transitar polo, tantas veces hostil, sistema sanitario. Estamos o carón das personas e da comunidade. Non nos chega con atender as consultas cada vez mais complexas, atender os cuidados necesarios co tempo imprescindible. Temos que facer actividade ca comunidade, facer promoción da saúde, prevención, formación de novos profesionais e investigación para dar resposta ás preguntas que nos facemos todos os días cuando nos sentamos frente a frente cunha dúbida que nos plantexa o noso doente.
A administración nembargantes so plantexou polo de agora cambios cosméticos na organización e unha irrisoria oferta de prazas. Nós temos otra idea toque debe ser á AP do futuro na Galicia e esiximos ao Sergas un compromiso para poñelo en marcha sen mais dilación.
O tempo e a paciencia dos profesionais esgótase. A población incrementa as queixas frente a un modelo sanitario que venden como modélico e precisa xa un cambio de orientación e un pulo da Atención Primaria.
Non pedimos privilexios só queremos dar , devolver por mellor decir, á sociedade e aos nosos pacientes todo o que nos deron, co seu traballo, co seu esforzo. Non esquecemos que o sistema de saúde se financia cos impostos de todos e o noso compromiso ca ciudadanía nos obriga a reclamar:

UNHA ATENCIÓN PRIMARIA DIGNA

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies