Hora D. Tu formación en directo

0 64

Tralo grande éxito dos webinars que se celebraron ao longo destes meses de pandemia, a semFYC propúxose continuar con este formato que tan bo resultado ven dando elevalo ao campo formativo baixo o título Hora D. Tu formación en directo. Ao longo deste mes de xuño vanse celebrar unha serie de seminarios web temáicos aos que as e os médicos de familia poderán acceder mediante un enlace para non só visualizalo, senón tamén realizar preguntas.

A primeira das sesións celebrarase o martes 2 de xuño ás 20.00 horas e leva por título Crise sanitaria por COVID-19: Retos en continuidade asistencial dos pacientes en atención nutricionalUnha das competencias de Atención Primaria é a atención nutricional do paciente crónico. No marco da crise sanitaria provocada pola COVID-19, a atención nutricional do paciente crónico é un reto na continuidade asistencial. O webinar estará moderado por Raquel Cantoral, membro do GdT de Nutrición de Somamfyc, e contará con Carolina de Esteban, membro do GdT de Nutrición da semFYC e coordinadora do GdT de Nutrición de Somamfyc, e Cristina de la Cuerda, médico adxunto da Unidade de Nutrición do Hospital Xeral Universitario Gregorio Marañón.

Podes inscribirte no seguinte enlace

A segunda, que terá lugar o xoves 4 de xuño ás 20.00 horas, xirará arredor da Rinite alérxica e a nova normalidade. Trátase dunha sesión na que se enfoca a rinite alérxica dende unha dobre perspectiva: a análise da súa abordaxe na consulta de Atención Primaria e o enfoque do alergólogo na rinite alérxica persistente, así como os seus criterios de derivación. Estará moderado por Jesús Molina, coordinador do GdT en Enfermidades Respiratorias da semFYC e participarán Cecilia Amato, membro do GdT de Enfermidades Respiratorias da semFYC, e Darío Antolín, secretario da Xunta Directiva da Sociedad Española de Alergología e Inmunología Clínica (SEAIC). Esta sesión está promovida polo Grupo Mylan.

As inscricións xa están abertas no seguinte enlace

A terceira das sesións celebrarase o xoves 11 de xuño ás 20.00 horas sobre Enfermidades respiratorias crónicas e COVID-19: antes, durante e despois. Nela trataranse cuestións como o risco de peor pronóstico da infección por COVID-19 en pacientes con problemas respiratorios, a relacións fisiopatolóxica e de manexo entre ambas, os aspectos de especial relevancia a ter en conta nun paciente con patoloxía respiratoria crónica con posible infección por COVID-19, seguimento e manexo terapéutico do paciente respiratorio post-COVID-19: posibles secuelas, rehabilitación respiratoria, seguimento a longo prazo.., entre outras. A sesión estará moderada por Jesús Molina París, coordinador do Grupo de Traballo de Enfermidades Respiratorias da semFYC, e contará con Juan Enrique Cimas e Juan Daniel Ocaña, ambos tamén do GdT de Enfermidades Respiratorias, como ponentes.

Poderás seguir o webinar no seguinte enlace

A cuarta das sesións, que será o 16 de xuño, levará por título Diabetes e desnutrición: Manexo dende a Atención Primaria. No seguimento que os médicos de familia fan dende a Atención Primaria dos pacientes diabéticos, unha das competencias asumidas é a atención nutricional. Nesta a pandemia da COVID-19 supuxo a necesidade de reorientar a continuidade asistencial. Estará moderado por Carolina de Esteban, membro do GdT de Nutrición da semFYC e coordinadora do GdT de Nutrición de Somamfyc, e contará con Lourdes Carrillo, membro do GdT de Nutrición da semFYC e da redGDPS, e Carmen Gómez, xefe da Unidade de Nutrición Clínica e Dietética do Hospital Universitario La Paz, como poñentes.

Por último, o 29 de xuño terá lugar o webinar Impacto muscular e funcional no paciente de comunidade: tratamento nutricionalTodo elemento vinculado á relación entre impacto muscular, funcionalidade e nutrición se antolla clave no manexo do paciente de comunidade. Nesta sesión abordarase o tratamento nutricional para facer unha correcta abordaxe do mesmo dende a Atención Primaria. Estará moderado por Alicia Rodríguez Blanco, membro do GdT de Nutrición de Somamfyc, e os poñentes serán José Ignacio Ramírez, coordinador do GdT de Actividade Física e Saúde da semFYC, e José Manuel García e Isabel Vegas, da Unidade de Nutrición do Hospital Universitario Virgen de la Victoria de Málaga. Conéctate aquí

Das sesións programadas, as dos días 2, 16 e 29 de xuño forman parte dunha serie titulada Atención nutricional polo médico de familia no paciente crónico: competencias en Atención primaria na era COVID-19 e contan co aval e patrocinio de Senpe e Abbot.

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies