GRADSCHOOLS 2016: FORMACIÓN COMPETENCIAL NO DESENVOLVEMENTO DO TALENTO EN GALICIA

0 593

O Servicio Galego de Saúde, a través da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) en colaboración coa Fundación Barrié, organiza un Programa de Formación en Competencias dirixido a profesionais con inquietudes na I+D+i e que estean interesados en reflexionar sobre o seu desenvolvemento e orientación profesional, nun modelo aberto e participativo.
O formato do programa segue o modelo das GRADschool creadas no Reino Unido hay máis de 30 anos, e que constituen hoxe unha referencia nos programas de desenvolvemento profesional para os estudantes de doutorado das principais universidades británicas. Son cursos de 4 días deseñados para desenvolver un entorno de formación inspirador e innovador, no que se potencia a adquisición de competencias, ferramentas e información esencial para aproveitar o potencial persoal e a toma de decisión sobre o futuro profesional.
No ano 2015, levouse a cabo unha edición de GRADschool na que participaron quince residentes do Sistema Público de Saúde de Galicia. Xa esta aberta a edición 2016.

Datas do programa:
• 18, 19, 20 e 21 de outubro de 2016. Lugar: (Coruña).
GRADschools: perfil do asistente:
• Destinatarios: preferentemente R2, R3, R4 (especialidades de cinco anos) (MIR, PIR, BIR, FIR, QIR, EIR) do Sistema Público de Saúde de Galicia con interés en I+D+i.
• De calquera área e especialidade.
• O curso impártese en inglés polo que é preciso un nivel suficiente desta lingua para o seu seguimento.
Número de prazas:
• 15 prazas
Coste:
• Gratuíto na súa totalidade. O curso inclúe manutención e aloxamento, necesario para a realización do programa.

 

GRADschool

O GRADschools é un programa residencial de 4 días (3 noites) deseñado para mostrar horizontes profesionais, desenvolver habilidades e reflexionar de forma informada sobre os posibles sendeiros da carreira profesional ligada ao coñecemento intensivo.
Trátase, por tanto, dun sistema de formación e adestramento en competencias profesionais de carácter transversal que acompañe o desenvolvemento da carreira profesional, traballando competencias como acomunicación, liderado, traballo en equipo, que transcienden o propio ámbito científico e que facilitan a mobilidade profesional en múltiples direccións (empresas, fundacións, administración,.).
Os obxectivos do programa son axudar aos participantes a:
  1. Desenvolver e reflexionar sobre as competencias transferibles e sobre como polas en práctica á hora de elixir a súa carreira profesional no presente e no futuro.
  2. Determinar os ámbitos susceptibles de desenvolvemento profesional.
  3. Observar como traballar en equipo e valorar o impacto do o seu comportamento nos demais.
  4. Fomentar a colaboración con investigadores doutras disciplinas e centros de investigación.
  5. Desenvolver a súa eficacia e competencias comunicativas.
  6. Xestionar a próxima etapa dá a súa carreira profesional.
ACIS, en colaboración coas tres Fundacións de Investigación Sanitaria, oferta quince prazas preferentemente para residentes de anos intermedios.
Trátase dunha oportunidade única para residentes do Sistema Público de Saúde de Galicia, con inquietudes na I+D+i e que estean interesados en reflexionar sobre o seu desenvolvemento e orientación profesional, nun modelo aberto e participativo.
O curso impartirase en inglés polo que cómpre ter o nivel suficiente nesta lingua para o seu seguimento. Estes cursos realízanse de forma intensiva e en xornadas completas para favorecer a aprendizaxe e o networking.
Dende o ano 2013 se participou en varias edicións do programa GRADschool, as que asistiron residentes de anos intermedios do Sistema Público de Saúde.
As avaliacións realizadas pola Fundación Barrié achegan datos moi interesantes, xa que no total das puntuacións para todas as edicións, os nosos profesionais valoraron a actividade cunha nota dun 4,65 sobre 5. A avaliación do programa tiña en conta aspectos como a efectividade persoal, a comunicación, a xestión da carreira profesional ou o criterio para innovar/emprender.
 
Modo de inscrición:

 

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies