Información das datas
04/11/2022 - 05/11/2022
Todo o día
Na/s categoría/s
As médicas e médicos de familia galegos levamos moitas ondas, en moitas ocasións sentimos que nos arrastran e nos levan, sen que poidamos facer nada. É o momento de renovarnos, de cambiar a Xunta Directiva e de buscar novos horizontes. En resumo, é a hora de cambiar de onda.
Estas Xornadas xirarán en torno a tres liñas estratéxicas e estarán abertas á participación de tódolos socios e socias:
Liña estratéxica 1: Onda tecnolóxica
A comunicación e as súas tecnoloxías e a súa aplicación á medicina de familia. Novos retos que nos suponen as innovación tecnolóxicas e a adaptación aos mesmos.
Liña estratéxica 2: A onda da saúde mental
Repercusión e impacto dos cambios epidemiolóxicos e de situación na saúde mental das e dos profesionais sanitarios e na poboación.
Liña estratéxica 3: Medicina de familia na cresta da onda.
Competencias clínicas e non clínicas en medicina de famila
Medicina de familia na esfera académica, na docencia e na investigación. Competencias clínicas: Urxencias, Comunitaria, Paliativos, Crónicos
Vémonos en Santiago o 4 e 5 de Novembro