CURSO DE SOPORTE VITAL AVANZADO CARDIO-TRAUMATOLÓXICO. Montecelo Abril 2016.

Cargando mapa....

Información das datas
01/04/2016 - 02/04/2016
Todo o día

Sede de celebración
HOSPITAL MONTECELO (PONTEVEDRA)

Na/s categoría/s


fase online: 11-12 marzo 2016
 fase presencial 1-2 abril 2016

créditos concedidos: 7,7 créditos / lugar: salon de actos de Montecelo

OBXETIVOS:

Xerais: Coñecer o substrato teórico e as habilidades técnicas que configuran o soporte vital avanzado co fin de previr e tratar o paro cardiorrespiratorio, así como o tratamento inicial avanzado do paciente politraumatizado.

Específicos: Unha vez superado o curso, o alumno será capaz de:

  • Recoñecer a perda de consciencia.
  • Realizar a apertura da vía aérea.
  • Diagnosticar unha parada cardiorrespiratoria.
  • Realizar adecuadamente as manobras de RCP básica.
  • Realizar o illamento da vía aérea.
  • Manexar adecuadamente as vías venosas.
  • Coñecer o manexo das drogas que se utilizan no tratamento da PCR.
  • Monitorizar o paciente para recoñecer e tratar as arritmias máis frecuentes.
  • Realizar as técnicas de desfibrilación, cardioversión e electroestimulación cardiaca transcutánea.
  • Integrarse no equipo de tratamento da PCR como director ou como parte do mesmo.
  • Utilizar os medios de inmobilización máis axeitados.
  • Mobilizar e extricar a pacientes accidentados.
  • Integrar a RCP en situacións de pacientes politraumatizados.
  • Ofrecer ao paciente crítico un tratamento inicial integral de acordo a súa patoloxía.

Preme aqui para descargar o PROGRAMA/CRONOGRAMA e mais informacion

Número de alumnos: 20 Duración: 20 horas

As inscricións constarán como formalizadas unha vez feito o ingreso bancario na conta que se lle facilitará unha vez remita a pre-inscrición (será necesario o envío do xustifi­cante). Unha vez cubertas as prazas establecerase un listado de espera por se se produxesen baixas. A organización resérvase o dereito de transferir as prazas canceladas ós interesados da lista de espera.

Reservas de praza

As reservas están pechadas.