Día Mundial do Cerebro 2017 – ICTUS o Tempo é cerebro

A AGAMFEC sumase a World Federation of Neurology e a World Stroke Organisation, no dia mundial do cerebro, unha data adicada este ano ao ICTUS. Unha patoloxia  que presenta ao redor de 7.000 novos casos en Galicia cada ano, segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía. Una enfermidade importante, na que é fundamental a prevención e o tratamento no menor tempo posible.

É importante a identificación temperá dos tres síntomas indicativos dun Ictus:

  • aparición brusca de dificultade para falar
  • perda brusca de forza nun brazo
  • alteración brusca da motilidade facial (deformidade na boca non ensinando todos os dentes ao sorrir)

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) constituida polas cinco asociacións galegas de dano cerebral adquirido (DCA). (ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago.) puxo en marcha en 2016 un estudo para coñecer mellor os recursos dispoñíbles para as persoas que teñen un ictus. O proxecto titúlase ‘Analizando o coñecemento da diagnose e recursos das persoas con DCA, medindo a cobertura das necesidades do colectivo’ e conta co apoio da Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, e coa colaboración da Sociedade Galega de Neuroloxía (SGN).

A recollida de datos realízase a través dunha enquisa que as persoas dadas de alta por un ictus que queiran colaborar co estudo deberán cubrir no momento da saída do hospital e unha vez pasados tres meses da mesma. As conclusións serán presentadas o próximo ano nun acto público, para poder responder ás necesidades de cada persoa e de cada familia con dano cerebral adquirido.

 

Unha de cada seis persoas no mundo ten un ictus unha vez na vida

 

Mais informacion:

PLAN DE ASISTENCIA AO ICTUS EN GALICIA (PLAN ICTUS) 

Etiquetado como , ,

Publicacións relacionadas

*

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies