1145LOGO-CURSOS-CCR-MAP-2020

Cursos de Cancro Colorrectal 2020

A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC), a Asociación 1aria, o Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (Inibic) e a Red Gallega de Cáncer Colorrectal (REGICC) volven unirse para ofrecer unha nova edición dos cursos de Cancro Colorrectal, co fin de plasmar e actualizar os coñecementos sobre esta enfermidade nos diferentes niveis asistenciais

O curso sobre Cancro Colorrectal, que chega á súa 6ª edición para Médicos de Atención Primaria, á 5ª para Enfermería e á 4ª para Profesionais Sanitarios, se desenvolveu para realizar a distancia. Nos tres casos se solicitou a súa Acreditación na Comisión de Formación Continuada das Profesiones Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia (SAGA). Como información sobre a acreditación de anteriores cursos, no caso de Médicos de Atención Primaria, dende a 1ª edición (2015) ata a 5ª edición (2019), foron acreditados por dita comisión con 9,4 créditos (80 horas); no de Enfermería 10,1 créditos (80 horas), e, no caso de Profesionais Sanitarios, 9,3 créditos (80 horas).

PERIODO LECTIVO: O curso terá lugar do 1 de marzo ata o 31 de xullo de 2020

PREINSCRICIÓN: Do 7 ao 20 de febreiro de 2020

Deberase enviar a folla de preinscrición adxunta á dirección de correo do curso: cursos.ccr.regicc@gmail.com

NÚMERO DE PRAZAS: 50 para cada unha das categorías profesionais. Adxudicaranse en rigurosa orde de inscrición.

PREZO DO CURSO: 100 euros (As 10 primeras inscriciones terán unha beca de 50 euros financiada pola REGICC. A concesión destas becas será comunicada aos alumnos ao aceptar a preinscrición e se aplicará no pago da inscrición).


¿Quieres recibir todas as novidades de AGAMFeC?

Dende AGAMFeC traballamos para mellorar a comunicación, non só coas nosas socias e socios, tamén con calquera persoa ou colectivo interesado na medicina de familia. Se che interesa recibir todas as nosas novas directamente no teu correo electrónico, só tes que deixarnos os teus datos neste enlace.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies