CURSO SVI TRAUMATOLÓXICO EDICION CANGAS 2017

O pasado día 19, persoal de medicina e enfermería de diferentes Puntos de Atención Continuada de Galicia, principalmente da Área Sanitaria de Vigo, asistiron ao curso de Soporte Vital Inmediato Traumatolóxico celebrado en Cangas.

O alumnado desta edición estaba especialmente interesado en actualizar coñecementos en farmacoloxía empregada no manexo do paciente politraumatizado, coincidindo coa incorporación de novos fármacos nos PACs dependentes da Xerencia Integrada de Vigo. Deste xeito, dedicouse unha parte do curso a traballar tanto sobre a secuencía rápida de intubación, asi como indicación/contraindicacións das diferentes pautas de sedación e relaxación neuromuscular.

Durante o curso, eminentemente práctico, traballáronse tamén aspectos detacados para a RCP de calidade, a actuación ante diferentes tipos de arritmias e ritmos de parada cardiorrespiratoria, a abordaxe do paciente politraumatizado cos diferentes métodos de inmobilización/mobilización e o manexo avanzado da vía aérea, entre outros.

Finalmente, os asistentes puideron poñer en práctica todo o aprendido mediante a resolución de diferentes casos clínicos durante as diferentes prácticas integradas onde destacaron o realmente útil que lle resultou a formación posto que se axustaba as necesidades reais do seu traballo diario.

Autor/es
Etiquetado como , ,

Publicacións relacionadas

*

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies