CURSO SVA CARDIO – TRAUMATOLÓXICO EDICIÓN SANTIAGO 2018

Unha veintena de médicas de Atención Primaria das distintas Areas Sanitarias de Galicia participan na última edición do curso de Soporte Vital Avanzado impartido polo grupo de Urxencias da Agamfec no Colexio Oficial de Médicos Comarcal de Santiago.

O curso, que conta cunha fase previa de teoría on-line, permite ao alumnado concentrarse durante os dous días da fase presencial na realización de estacións prácticas. Así mesmo, o persoal asistente pode adestrarse en RCP de alta calidade mediante dispositivos electrónicos de feed-back, manexo da vía aérea con diferentes técnicas e dispositivos, tratamento de distintos tipos de arritmias e abordaxe de todo tipo de traumatismos.

Durante a última xornada, realízanse prácticas integradas de simulación con diferentes escenarios de situacións cardio-traumatoloxicas adaptadas en todo momento ao entorno laboral de cada alumna. Cada participante pon en práctica as súas habilidades de liderazgo, comunicación e empatía co paciente en cada un dos exercicios prácticos realizados.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies