Investigadores galegos participarán na Cohorte CIBER-SNS financiada polo ISCIII

0 27

A cohorte CIBER-SNS (Centro de Investigación Biomédica en Rede – Sistema Nacional de Saúde) vén de recibir financiamento do Instituto de Saúde Carlos III, converténdose na súa aposta para o seu programa de medicina preditiva dentro da convocatoria para a creación dunha Infraestrutura de Medicina de Precisión asociada á Ciencia e Tecnoloxía (IMPaCT).

Co liderado do CIBER de Epidemioloxía e Saúde Pública (CIBERESP), no proxecto participarán os servizos de saúde das comunidades e cidades autónomas e contará cunha gran implicación de Atención Primaria (REDIAPP) e a colaboración do Instituto Nacional de Estatística. No caso de Galicia, formará parte, coa coordinación do Sergas, persoal dos tres institutos de investigación médica da comunidade, entre eles unha investigadora de Atención Primaria, Ana Clavería. Trátase do proxecto máis grande con participación de Atención Primaria ata o momento.

A cohorte CIBER-SNS incluirá 200.000 persoas representativas da poboación española, o que permitirá representar a variabilidade étnica e a diversidade xeográfica e ambiental de todo o país. Este proxecto constituirá unha plataforma de investigación dispoñible para todos os investigadores do SNS e a colaboración de epidemiólogos, profesionais de Atención Primaria, investigadores clínicos y básicos non fará máis que enriquecelo.

Este proxecto integrará, por vez primeira a grande escala en España, datos clínicos, epidemiólogos e biolóxicos recollidos de novo nos individuos participantes coa información dispoñible sobre eles nas súas historias clínicas informatizadas. Esta fará posible a análise de desigualdades en saúde, a monitorización e vixilancia da saúde pública, a construción de modelos preditivos de enfermidade e a avaliación de políticas de saúde.

Esta cohorte é unha grande oportunidade para responder moitas preguntas de investigación como, por exemplo, os efectos sobre a saúde das formas de vida típicas dos residentes en España, con estilos de vida e de interacción social característicos. Tamén será posible coñecer a influencia das características da «vida dixital» sobre os nosos estilos de vida e saúde.

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies