Benvida os Novos residentes de Medicina Familiar e Comunitaria de Galicia

A Asociación galega de Medicina Familiar e Comunitaria dalle a benvida a todol@s novos residentes da Especialidade que se incorporaron este ano as sete Unidades Docentes galegas e convídaos a formar parte das actividades que a AGAMFEC realiza anualmente.

Neste sentido, nos últimos tres meses leváronse a cabo actividades relacionadas coa docencia pregrado e postgrado:

  • As IV Xornadas Universitarias da AGAMFEC e II edición do curso Primer Día en Urxencias para estudiantes de Medicina, en colaboración coa asociación estudiantil MEIGA, con gran aceptación por parte dos estudiantes de Medicina un ano máis.
  • As I Xornadas de Titores, nas que se abordaron temas de docencia MIR tan importantes como a investigación e o futuro das Unidades Docentes, así como talleres de formación para os titores sobre responsabilidade legal do titor e web 2.0
  • As XVII Xornadas de residentes e IV Xornadas de XMF, que se celebraron en Vigo, con máis de 70 inscritos, nas que, un ano máis, a AGAMFEC combinou formación en materias do día a día (Electrocardiografía, Exploración Articular) e talleres máis específicos das Urxencias (trastornos metabólicos, patoloxía respiratoria terminal e uso de dispositivos ventilatorios invasivos), con moi boas valoracións nas enquisas por parte dos asistentes. Asimesmo, na mesa de debate (baixo o epigrafe do residente nas urxencias) debatíronse entre os residentes das unidades docentes, e os poñentes -titores dos servicios de urxencias hospitalaria e extrahospitalaria-, a situación actual do docencia nos servicios de Urxencias.

Decalogo SER semFYC – AGAMFEC 2014

Convidámosvos a formar parte da AGAMFEC (recordade que no primeiro ano de residencia a inscripción é de balde) e a desenrolar a nosa especialidade a través da sociedade científica dos médicos de familia.

Xunta Directiva da AGAMFEC

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies