Curso de Técnicas prácticas en suturas e infiltracións

O mércores 17 de decembro de 2025 no Centro de Saúde do Milladoiro, Mar Castiella, Antía Galindo e Noemí Vázquez García, integrantes do Grupo de Traballo de Cirurxía Menor, Dermatoloxía e Vendaxes Funcionais de AGAMFEC e Ana Alonso Méndez, Médica Rehabilitadora do Servicio Medicina Física e Rehabilitación da Área Sanitaria de Vigo realizaron o curso de TÉCNICAS PRÁCTICAS EN SUTURAS E INFILTRACIÓNS PARA ATENCIÓN PRIMARIA.
Recoñecido como Acto de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade (Expediente núm: SA301A 2025/46-1) este curso aborda a necesidade de realizar prácticas de situacións posibles de suturas e infiltracións nun entorno guiado por profesionais expertos.
Curso impartido en dous obradoiros totalmente prácticos co obxectivo de desenvolver destrezas manuais en técnicas básicas de sutura e infiltracións esenciais nas consultas de Atención Primaria con demostracións guiadas polos instrutores:
OBRADOIRO 1: Cirurxía menor para Atención Primaria: técnicas básicas de sutura (2 horas).
OBRADOIRO 2: Técnicas de infiltración para Atención Primaria (2 horas).
Moitas grazas a todos pola vosa asistencia.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies