ALEGACIÓNS da AGAMFEC á Acta da reunion co SERGAS do día 20 de marzo de 2019

ALEGACIÓNS DE AGAMFEC AO DOCUMENTO DA REUNIÓN ENTRE OS REPRESENTANTES DO CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS DE MÉDICOS E SOCIEDADES CIENTÍFICAS DE ATENCIÓN PRIMARIA E O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE O 20 DE MARZO DE 2019 CUN ÚNICO PUNTO NA ORDE DO DÍA, BORRADOR DO NOVO MODELO DE ATENCIÓN PRIMARIA

Na reunión mantida na Consellería, a Presidenta de AGAMFEC preguntou si cabían alegacións ás conclusions da mesma. A resposta foi que o resultado da reunión plasmaríase nun acta, non nun acordo, e que si caberían alegacións.

ALEGACIÓNS á Acta da reunion dia 20 de marzo de 2019

  • Primeira. O documento debe titularse ACTA DA REUNIÓN MANTIDA… desaparecendo o término “acordo”.
  • Segunda. No punto 1 non se trata das estratexias de Atención Primaria si non da elaboración da “Estratexia de Atención Primaria” sustituindo ao “Borrador do Novo Modelo” que rexeitamos. O cambio é unha cuestión fundamental, e propusose para diferenciar ambas propostas.
  • Terceira. No punto 1 pedíuse acceso aos sistemas de información necesarios para a elaboración da Estratexia. Os representantes da Consellería dixeron que estará dispoñible e haberá un cuadro de mandos para SAP nun prazo de tres semanas.
  • Cuarta. No punto 4: “Introducir fórmulas de incentivación da figura do tutor de residentes (méritos, económicos, programa formativo propio). Establecer o requisito de ser titor acreditado para aceder a prazas de centro docentes en concurso de traslados.
  • Quinta. No punto 7: As medidas expostas contarán coa financiación necesaria. A financiación necesaria farase pública nas próximas tres semanas. A financiación que cursa das necesidades da Estratexia orzamentarase para o seguinte exercicio.

Susana Aldecoa Landesa
Presidenta da AGAMFEC

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies