Agamfec sumase o punto gal

No 17 de maio, dia das Telecomunicacions e internet, e dia das Letras e Lingua galega, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFeC) ven de sumarse as institucions que empregan o dominio .gal como mostra de apoio  e fomento da Cultura e Lingua galega na Internet

Xa podes acceder os nosos contidos dende www.agamfec.gal

Tranquilos non tedes que facer ningún cambio, manteremos operativos os dous dominios, o tradicional www.agamfec.com  e o novo www.agamfec.gal  

No ano 2005 o dominio .cat abriu a porta os dominios de tipo cultural, sendo o de Cataluña o primeiro deste tipo recoñecido pola ICANN no mundo.

No 2006 a Asociación PuntoGal puxo en marcha o proceso de consecución do .gal. Pero non foi ata o 2014, cando apareceu a primeira web .gal, e o 25 de xullo de 2014 se activaron os 93 dominios pioneiros. Agora, un ano despois, cando se está a piques de alcanzar os dous mil rexistros, agamfec unese a esta iniciativa o día de celebración das Letras Galegas co simbólico agamfec.gal

Nos vindeiros meses seguiremos poñendo en marcha novas campañas así como a renovación da nosa páxina web e servizos.

Saudos

Dr. Victor Julio Quesada Varela

Vocal Web AGAMFeC. Coordinador Grupo de Novas Tecnoloxías.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies