Agamfec obten a acreditación WIS – Web de interese sanitario

O comité avaliador concedeunos a acreditación WIS (Web de interese para a saúde).

Esta certificación acredita a calidade e profesionalidade de toda a información que aparece na nosa web, feita e revisada por profesionais da Medicina Familiar e Comunitaria.

Para nós, representa o resultado dun longo traballo e dedicación ó mundo da Atención Primaria, nas suas distintas vertentes: ó redor da actividade asistencial, atención continuada e urxente, docencia, investigación, …. froito do esforzo e perseverancia de todolos membros da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria ( AGAMFEC ).

Os principais puntos tidos en conta, foron:

  • O seu interese científico, por ser unha páxina que traballa coa educación continuada dos profesionais sanitarios e / ou divulgación do coñecemento médico.
  • A súa orixinalidade na aportación de Coñecementos Xerais.
  • A súa confidencialidade, pois o material publicado na nosa web non vulnera o segredo profesional nin o dereito á intimidade dos pacientes.
  • A súa ética, por cumprir os códigos deontolóxicos que afectan ó colectivo sanitario a nivel internacional.

Noraboa a todos.

Saudos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies