Acto homenaxe ao persoal sanitario de Gaza

Este sábado 20 de setembro ás 11h diante do MARCO de Vigo realizarase unha homenaxe de apoio aos sanitarios e sanitarias de Gaza e á vez un apoio á flotilla que estes dias está a navegar a Gaza para romper o bloqueo humanitario.

Os profesionais da medicina iremos con batas brancas e farase unha acción simbólica de unidade contra o xenocidio todos unidos cunha mesma cor.

Non podemos mirar para outro lado ante este xenocidio que pretende a desaparición da poboación Palestina polo que desde diferentes organizacións sanitarias exiximos medidas urxentes para salvar á poboación de Gaza, en risco de desaparición neste MANIFESTO.

Cartel da convocatoria

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.