A vacinación COVID en Atención Primaria de Saúde

0 54

Ante a inminente posta en marcha da campaña de vacinación da COVID-19, que se vai levar a cabo nos centros de saúde de Atención Primaria, a Asociación de Enfermería Comunitaria (AEC), a Federación de Asociaciones de Enfermería Comunitaria y Atención Primaria (FAECAP) e a Sociedad Española de Medicina de Familia e Comunitaria (semFYC), trasladan á administracións públicas, tanto autonómicas como estatais, a súa preocupación polo que dita actividade poda supoñer na atención habitual á poboación.

Nun proceso tan complexo, pola súa loxística e volume de poboación a vacinar, enténdese que para garantir a atención que precisa se requiren equipos específicos e en horarios claramente diferenciados dos que habitual e diariamente atenden á poboación nos centros de saúde.

O solapamento das actividades, ademais do risco que nesta situación comportaría, suporía evidentes inconvenientes e problemas para poder atender adecuadamente as demandas de saúde da poboación, o que, sen dúbida, repercutiría de maneira moi negativa na organización dos equipos e na calidade da atención prestada por uns servizos xa de por si saturados.

Ante a falta de comunicación coas sociedades científicas e dada a proximidade de inicio da vacinación, as sociedades asinantes queren trasladar una proposta co ánimo de mellorar e facilitar todo o proceso, compatibilizándoo coa atención diaria prestada nos centros de saúde.

Deja una respuesta

Su dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies