semFYC en tiempos de coronavirus

A semFYC publica un monográfico con todo o material realizado durante o primeiro brote de Covid-19

Durante o primeiro brote da COVID-19, a semFYC non só non parou de publicar, senón que aumentou a súa produción científica. Porque, como din o presidente da sociedade, Salvador Tranche, e a Secretaria, Remedios Martín, “no podíamos esperar a que la información llegase solo de las administraciones”.

Grazas ao gran potencial do que dispón a sociedade científica, os grupos de traballo e os programas, numerosos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria puxéronse a traballar a contra o reloxo e conseguiron sacar adiante unha serie de documentos e materiais que agora se reúnen nun monográfico baixo o título La semFYC en tiempos de Coronavirus. Mayo – marzo 2020.

Aquelas foron semanas difíciles, nas que “era necesario aunar fuerzas, las pocas que quedaban después de los intensos días de consulta, para elaborar, consensuar y difundir documentos que facilitasen el conocimiento de la nueva situación clínica y su manejo en la práctica diaria”, comentan Tranche y Martín na introdución da publicación.

Ao longo de máis de 140 páxinas reúnese un material de “incalculable valor para los médicos de familia y los equipos de Atención Primaria en aquellos momentos de incertidumbre y desorientación que generaron sentimientos de inquietud y desconcierto entre los profesionales”.

Nun total de 12 apartados trátanse os temas que nese momento se fixeron imprescindibles. Desde os Criterios de infección por SARS-CoV-2, a Continuidade asistencial ao alta en pacientes con diagnose de pneumonía por SARS-CoV-2; pasando polo Algoritmo de manexo mediante ecografía do paciente con síntomas suxerintes de infección por COVID-19 en Atención Primaria; ata COVID-19. Cara un novo escenario. Detección e manexo de casos.

Cada un destes apartados vai documentado con infografías, textos e a bibliografía pertinente. E todo isto grazas á xenerosidade e ao compromiso dos autores e autoras dos documentos coa Medicina Familiar, co sistema sanitario público  e coa saúde da cidadanía.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies