A Atención Primaria que queremos

A túa, cidadán

Accesible. Non sempre inmediata, pero con facilidade para unha cita. As ferramentas informáticas non son para persoas maiores, con dificultades polas limitacións sensorias, cognitivas ou simplemente mecánicas. A esto chamámoslle “Edadismo” e queremos que non forme parte da nosa Atención Primaria. Apostamos polo bo trato en tódalas instancias da atención.

  • Continua, Estable, que poidas ter o médico de sempre ¿Sabiades que manter o mesmo médico durante 15 anos diminue a carga de enfermidade e mesmo a mortalidade nun 25% respecto os que son atendidos por distintos profesionais? Moitos xa o sospeitabais e volviades para casa cando o teu médico non está, agora sabemos que e bó para a vosa saude e expectativa de vida.
  • Amable, Humana. Non queremos un robot para tua chamada, queremos unha persoa que te chame polo teu nome.
  • Próspera e Resolutiva. Que poida darte cita co profesional mais axeitado a tua necesidade e con recursos humans e materiais que poidan aumentar a capacidade de solucionar os teus problemas.
  • Coordinada. Na que todos os profesionais que traballamos no centro de saúde,e os que poidan incorporarse na nosa labor, poidamos ter o mesmo obxetivo:  mellorar a tua saúde.
  • Conectada ca comunidade. As veces as solucións non son medicinas e hai moito que aproveitar dos activos que hai no barrio, no concello..
  • Relaxada, Moderada, Segura Con tempo suficiente para atenderte. Facer cousas deprisa, sen tempo, pode ser perigoso para tua saúde.
  • Educadora. Con profesionais formados que te axuden a tomar boas decisións no teu autocuidado
  • Adaptada. Con flexibilidade de horarios e organización para cada situación e para cada comarca. Non valen os mesmos horarios para o rural que na cidade, para os nenos e os maiores…
  • E Presumida. Na Atencion Primaria que queremos para ti, con pouca inversión máis podemos facer moito. Somos moi eficientes e seremos máis!

Descargar infografía

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies