Vacinación fronte á tose ferina nas mulleres embarazadas

A tose ferina está aumentando nos últimos tempos no noso país, e os nenos que acaban de nacer son os que teñen un maior risco de complicacións ata que reciben a vacina aos dous meses de idade. Recibir a vacina durante o embarazo é a mellor maneira de previr a enfermidade; deste xeito, o teu bebé estará protexido en canto naza, cando aínda é moi pequeno para ser vacinado.

Que é a tose ferina? É unha enfermidade moi contaxiosa, causada pola bacteria Bordetella pertussis, que produce infeccións respiratorias. A enfermidade adoita ser máis grave durante os primeiros meses de vida e, con frecuencia, require ingreso hospitalario, podendo dar lugar a complicacións moi severas.

Información sobre a vacinación fronte á tose ferina nas mulleres embarazadas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.