Solicita a túa inscrición gratuita no IV Congreso de Residentes

Podes conseguir unha bolsa con inscrición gratuita para o IV Congreso de Residentes, JMF, Tutores y UUDD de semFYC deste ano.

Dende AGAMFEC e semFYC poñemos en marcha por primeira vez as Bolsas para Residentes. É unha nova iniciativa para apoiar e recoñecer a participación dos e as residentes nas actividades da semFYC.

Estas bolsas proporcionan a inscrición ao “IV Congreso de Residentes, JMF, titores e Unidades Docentes”, que se celebrará en Zaragoza os días 20 e 21 de marzo. Un encontro formativo que volve apostar por un formato gamificado, pensado para compartir coñecemento, experiencias e novas formas de aprender.

En que consisten as bolsas?

  • Dispoñemos de  5 inscricións gratuitas para residentes que envíen polo menos unha comunicación ao congreso.
  • Este número poderá ampliarse con ata 2 bolsas adicionais se as comunicacións corresponden a traballos de investigación (proxectos ou resultados).

O prazo para facer a solicitude remata o luns 2 de febreiro!

Animamos aos nosos residentes a solicitar estas bolsas.

Contacta con secretaria@agamfec.com para coñecer os pasos para seguir e resolver calquera dúbida.

Info do congreso NESTE ENLACE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.