5ª Semana do Autocuidado 23-29 outubro 2017

A Semana do Autocuidado do 2017 celebrarase do 23 ao 29 de outubro. Un ano máis, a semFYC, en colaboración co Grupo de Educación Sanitaria e Promoción da Saúde do PAPPS, vai celebrar a Semana do Autocuidado 2017 que tan boa acollida e valoración tivo ata o momento. A semFYC defende a idea de que os pacientes e a poboación en xeral, acudindo ás fontes adecuadas, teñan o mellor coidado da súa saúde a través da prevención e do autocuidado. Outro obxectivo da semana é concienciar e motivar aos profesionais sanitarios sobre a importancia das actividades de autocuidado das persoas para mellorar a súa saúde, previr a enfermidade e avaliar síntomas e pequenas doenzas.

Agradecémosvos a vosa colaboración enchendo e difundindo a Enquisa da Semana do Autocuidado 2017. Vai dirixida á poboación.
As enquisas deben ser introducidas no formulario on-line (polo profesional sanitario ou directamente pola persoa que dá as respostas) antes do 6 de outubro de 2017.
Entre os participantes que o desexen (indicando un correo electrónico), sortearanse dúas pulseiras de actividade que axudan o autocuidado (seguimento do camiñar, distancia, calorías, recordatorio, historial do deporte ou durmir, …).
Para os profesionais: CartaEncuestaAutocuidado2017 e Enquisa en pdf.

Autor/es
Etiquetado como , ,

Publicacións relacionadas

*

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies