agamfec grupos de traballo

5 anos de grupos de Traballo

Recordamos que os grupos de traballo (GdT) constitúen o “principal activo” da nosa asociación científica, a Agamfec.

Nos últimos 5 anos, tentamos darlles uniformidade e actualizar a web. Como podedes ver os cambios afectan tanto á visibilidade, a estrutura como a renovacións de grupos e membros. Non hai cambios canto a responsabilidade dos seus coordinadores ou membros que continúan tendo a obrigación de cumprir coa normativa específica de GdT.

Entre os cambios destacamos no ano 2020 a incorporación formal da figura do referente de AGAMFEC. Débese a que para constituír un GdT son necesarias 3 ou máis persoas (cap II.3 da normativa), por tanto cando non haxa persoas suficientes, pero si socios interesados en profundar en determinados temas poderán ser referentes de AGAMFEC, e no caso de que haxa interesados en crear grupo o referente pasará a formar parte do mesmo. Deste xeito antigos GdT deixan de selo ao estar actualizados e xorden compañeiros referentes, coma:

  • Seguridade dous doentes pasa a ser de referente con Dolores Martín;
  • Patoloxías Raras, Jesús Sueiro;
  • Enfermidade Mental, M Jesús Cerecedo Pérez;
  • Nutrición, Joaquín San José Arango;
  • Dislipemias, Fernando Lago Deibe;
  • Neuroloxía, M Carmen Fernández Merino;
  • Cardioloxía, Emiliano Fernández-Obanza Windchenstein;
  • Intervención en Drogas, Apolinar Álvarez Mazariegos

Temos novos referentes en

  • Utilización de fármacos, Isabel Barrio Díaz;
  • Dixestivo e Hepatoloxía, Amelia Blanco López e Noemí Blanco Alonso;
  • Atención Familiar, Lea Conde Guede e Olalla Quintairos Veloso

Contamos con novos grupos como o de Bioética, o de Atención a Infancia e a Adolescencia, a Dor, Inequidades e Saúde Internacional.

Algunhas das nosas socias están a constituír un grupo de Atención a Urxencias e debutan nas Xornadas da Agamfec de Santiago de Compostela participando na súa Habilifeira

Seguimos buscando compañeiros de viaxe para os actuais GdT, para constituír uns novos e para acompañar aos nosos referentes e dar continuidade a súa experiencia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies