10 actividades burocráticas para Non Facer en Atención Primaria

Un médico de familia, ademais das tarefas propiamente asistenciais, preventivas e de promoción da saúde, tamén dedica tempo a actividades burocráticas, algunhas de certa relevancia para a atención sanitaria, como os rexistros na historia clínica, a emisión de receitas novas, ou a comunicación de enfermidades de declaración obrigatoria, pero outras que non achegan nada á relación asistencial e rouban tempo a outras actividades máis importantes.
Presentamos aquí as recomendacións de «NON FACER» en materia burocrática que promoven un uso racional dos recursos sanitarios, neste caso o recurso «tempo» do médico de familia. A selección destas é froito do consenso dun grupo de expertos con método Delphi, elixidos entre socios de semFYC de diferentes sociedades federadas autonómicas.

Descargar resumo

Ver documento completo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *