Participación da AGAMFEC nas Xornadas sobre Hiperplasia Benigna de Próstata

A AGAMFEC ven de participar nunhas Xornadas sobre Hiperplasia Benigna de Próstata dirixida aos Profesionais da Atención Primaria e ós Urólogos da Área de Santiago de Compostela. Esta Xornada (impartida o xoves 16 e 23 deste mes de outubro) permitiu buscar uns consensos cos Urólogos para intentar acadar unha actividade asistencial máis organizada e coordinada co servicio de Uroloxía do CHUS.