Semana Sen Fume 2026

Un ano máis a semFYC organiza a Semana Sen Fume. Esta campaña anual enche os Centros de Saúde de accións para loitar contra o consumo do tabaco e todos os problemas de saúde que están asociados ao mesmo.

Unha iniciativa dirixida tanto a equipos de Atención primaria como a pacientes para fomentar de maneira coordinada a loita contra o tabaquismo e a prevención dos problemas que conleva.

Este 2026 a semana chega á súa XXVII edición baixo o lema “Inhala vida para animar a todas aquelas persoas fumadoras a intentar deixar de fumar, dado que esta decisión será a máis importante que poidan tomar pola súa saúde, actual e futura.

A semFYC pide a túa colaboración para deseñar accións que sexan efectivas e recoller datos relevantes da poboación fumadora.

Ata o 28 de abril pódese completar a enquisa na páxina web da Semana Sen Fume semanasinhumo.es onde tamén tedes dispoñibles materiais de apoio e os resultados da enquisa do ano pasado.

Neste enlace podes descargar tamén o CARTEL EN GALEGO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies