Consideramos aos grupos de traballo o principal activo da nosa sociedade científica. Potencian o desenvolvemento científico, desenvolven a investigación e formación e permiten seguir avanzando á medicina de familia e á sociedade. Como médicas e médicos de familia, e como integrantes de equipos de Atención Primaria, entendemos que os grupos son importantes, o máis importante. Porén, hai individuos que pola súa especial relevancia nun eido específico, ou pola súa importante contribución nesa parcela da medicina familiar e comunitaria, merecen un lugar especial dentro de AGAMFEC.
Por iso nos gustaría presentar aos nosos REFERENTES AGAMFEC…