XORNADA GALEGA DE COMUNICACIÓN E SAÚDE
O pasado sábado 18 de outubro de 2025 no Edificio Sociocultural de Lalín (Pontevedra) o Grupo de Traballo de Comunicación e Saúde de AGAMFEC realizou a Xornada Galega de Comunicación e Saúde impartida en 6 obradoiros diferenciados co obxectivo de crear un espazo de diálogo onde realizar de xeito práctico diferentes formacións sobre ferramentas e aptitudes a desenvolver na consulta do día a día dos especialistas en medicina familiar e comunitaria para enriquecer a comunicación cos pacientes.
Recoñecida como Acto de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade esta Xornada abordou a necesidade de mellorar a resolución de problemas, o cumplimento terapéutico, o control da demanda e como afrontar preguntas difícilesna consulta nun espazo libre, dinámico e ameno a través de 6 obradoiros totalmente prácticos e participativos.
A resposta foi moi satisfactoria por parte dos asistentes quedando expresada tanto na enquisa anónima como no ambiente de participación e aprendizaxe durante os obradoiros.
Moitas grazas a tod@s pola vosa participación!
Grupo de Traballo de Comunicación e Saúde

