O día 16 de abril ás 18:45h no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra, dentro do XXIII Encuentro PACAP 2026 terá lugar a mesa “Miradas y vivencias en la atención a las personas migrantes”, moderada por Raquel López Bouzas integrante do Grupo de Traballo de Iniquidades en saúde AGAMFEC.
Reúne a profesionais que comparten a súa experiencia e coñecemento sobre a atención sanitaria e social a persoas migrantes en España. A través dos seus testemuños e enfoques, preténdese visibilizar os retos, aprendizaxes e boas prácticas na acollida e o acompañamento, promovendo un modelo de atención máis humano, inclusivo e baseado na equidade.
Esta mesa será aberta ao público xeral de forma gratuita, podes reservar a túa praza no seguinte CÓDIGO QR
Animámosvos a participar, compartir experiencias e expor preguntas ou novas propostas. A vosa achega é fundamental para avanzar cara a unha atención máis humana e equitativa.
Comité Organizador Encuentro PACAP 2026
Consulta o programa completo en encuentropacap.semfyc.es


