Inicio da campaña de vacinación antigripal 2015

Hoxe iniciou a campaña de vacinacion antigripal e antipneumococica 2015, e estara aberta ata o 19 de decembro.

Os Obxectivos da campaña son Minimizar o impacto da gripe na saúde mediante a súa prevención, tentando diminuir o número e gravidade das complicacións derivadas de padecela.

Este ano pretendese conseguir unha cobertura da poboación en 65 ou máis anos: ≥ 65%. E conseguir unha cobertura nos traballadores sanitarios do Servizo Galego de Saúde: ≥ 35%

Poboación a vacinar

Persoas con risco de complicacións

  • Persoas de 60 ou máis anos, facendo especial fincapé nos maiores de 65 anos
  • Persoas de calquera idade residentes en institucións pechadas
  • Mulleres embarazadas
  • Persoas < 60 anos e maiores de 6 meses, que por ter algunha destas patoloxías, presentan maior risco de padecer complicacións derivadas da gripe:
    • Enf cardiovasculares, respiratorias, renais ou hepáticas
    • Enf neurolóxicas e neuromusculares
    • Enf metabólicas
    • Hemoglobinopatías ou anemias
    • Asplenia ou disfunción esplénica
    • Persoas con inmunodepresión ou cancro
    • Enf ou trastornos con disfunción cognitiva
    • Obesidade mórbida (persoas con IMC ≥ 40 en adultos, ≥ 35 en adolescentes ou ≥ 3DS na infancia)
    • Pacientes portadores de implantes cocleares ou en espera
Persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de complicacións

  • Traballadores de centros sanitarios, especialmente aqueles que atenden a pacientes de alto risco
  • Estudantes en prácticas en centros sanitarios
  • Persoas que traballan en institucións pechadas en contacto con persoas vulnerables
  • Asistentes domiciliarios de anciáns ou persoas de risco
  • Conviventes de persoas de grupos de risco
Outras persoas nas que se recomenda a vacinación

  • Persoas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade

Como novidade, este ano, a Conselleria de Sanidade puxo en marcha unha web (http://gripe.sergas.es) con información tanto para profesionais sanitarios, como aspectos prácticos para a cidadanía.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies