Coordinadora:
Ana Arceo Tuñez
Integrantes:
-
Ana Arceo Tuñez (coordinadora)
-
Raquel López Bouzas
-
Laura López Caldera
-
Ana Mozo Rios
-
Alicia Losada Zapatero
-
Helena Abadín Carcedo
-
Alba Pons Revuelta
- Inés Fernández de Córdoba
Contacto:
gdtinequidades@agamfec.com
Xustificación:
As inequidades na saúde son as desigualdades sistemáticas inducidas por procesos sociais que teñen a característica ética, moral e política de ser inxustas e evitables. Dentro deste concepto mixtúranse diferentes eixos de desigualdade como a clase social, o xénero, a etnia, raza e o territorio onde se vive, entre outros. Estos factores determinan en grande medida a saúde das poboacións.
Así, as principais áreas de interese nas que imos traballar desde o punto de vista da formación, visibilización e investigación son:
1) Inequidades na saúde e determinantes sociais
2) Inmigración e saúde
3) Medicina tropical, consello ao viaxeiro e saúde internacional.
Obxectivos:
O noso principal obxectivo é mellorar a saúde e a asistencia sanitaria das persoas e os colectivos sociais máis vulnerais e en risco ou situación de exclusión na consulta e na Comunidade. Para elo é fundamenal incorporar ou potenciar o foco nos determinantes sociais como elemento transversal para abordar os distintos problemas de saúde.
Actividades:
-
Autoformación co fin de elaborar, adaptar e divulgar os documentos e evidencias científicas que xurdan
-
Asesorar á AGAMFEC.
-
Docencia:
-
Desenvolver materiais formativos para os/as profesionais de Medicina Familiar e Comunitaria relacionados con estas áreas de traballo.
-
Colaborar coas Unidades Docentes de Medicina Familiar e Comunitaria de Galicia na formación dos/as residentes da especialidade, así como dos/as estudantes da Universidade.
-
Participar en xornadas e congresos
-
Elaborar documentos e realizar actividades para informar, sensibilizar e formar á cidadanía na Comunidade
-
-
Investigación: Impulsar a actividade científica e fomentar a investigación entre os/as profesionais de Medicina Familiar e Comunitaria
-
Publicacións en revistas da especialidade.
-
Participación en foros institucionais ou en medios de comunicación en representación da AGAMFEC.
-
Colaboración:
-
Como integrantes do grupo de traballo de Inequidades en Saúde e Saúde Internacional a nivel SemFYC, e en colaboración coas outras sociedades federadas
-
Establecer alianzas con actores que traballan no ámbito dos determinantes e as inequidades en saúde como son ONG, REDER, ACIS ou PACAP
Actividades 2020:
PUBLICACIÓNS:
- Entrevista web AGAMFEC: Presentación do GRUPO DE INEQUIDADES EN SAÚDE E SAÚDE INTERNACIONAL.
- Hemos leído web SEMFYC: Los efectos mortales de perder la cobertura sanitaria
- Participación no documento 25N do Grupo de violencia de xénero: Alzamos a voz para dicir basta á violencia contra as mulleres
- Editorial revista CADERNOS: Unha cuestión de aporofobia (pendente de publicar)
ASISTENCIA A EVENTOS:
- Asistencia ao evento online organizado por REDER: El camino hacia la sanidad universal en España.