XXIX Congreso Comunicación y Salud

582
Cargando mapa....

Información das datas
10/10/2018 - 13/10/2018
Tódala xornada

Sede de celebración
Hospedería San Martiño Pinario de Santiago de Compostela

Na/s categoría/s


O grupo Comunicación e Saúde da Agamfec estamos a organizar o XXIX Congreso Comunicación y Salud que terá lugar do 10 o 13 de outubro na Hospedería San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, a carón da catedral.

É un Congreso bastante especial por abordar a más importante das nosas ferramentas profesionais: a comunicación. Tamén pola súa metodoloxía participativa para permitir traballar as habilidades, polo seu carácter multidisciplinar con participación de todo tipo de profesionais da sanidade e polo ambiente acolledor, intentando que ninguén se sinta alleo dende o primeiro intre.

Os asistentes terán una oferta alomenos once actividades simultáneas, a maioría obradoiros prácticos, en tres quendas cada un dos dous días principais. O mércores 10 terá lugar o acto inaugural e o sábado haberá tres sesións de resumo das actividades con metodoloxía Pecha Kucha, una conferencia e acto de clausura.

Estamos interesados en todos os aspectos relacionados coa comunicación. En particular, queremos ter actividades que aborden algunhas das dificultades que atopamos no noso traballo como conversacións difíciles ou con pacientes con características especiais. Como sempre, froito da creatividade de moitos compañeiros, terán lugar actividades sobre diversidade de temas

 https://semfyc.eventszone.net/cys2018/

Aproveita esta gran oportunidade de afondar nas habilidades de entrevista y comunicación. O camiño é ComunicARTE

Jesús M Novo Rodríguez – Presidente Comité Organizador

Julia Bóveda Fontán –  Presidenta Comité Científico

Los comentarios están cerrados.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies