XVI Ruta AGAMFEC. Ruta da Auga, Fonte e Lavadoiros de Parada (Silleda)

Mapa no disponible

Información das datas
08/04/2018
11:00 am - 5:30 pm

Na/s categoría/s


Para conmemorar o día Mundial da Actividade Física e promocionar a saúde, a Consellería de Sanidade e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), organizan unha ruta de senderismo.

Ruta da Auga, Fonte e Lavadoiros de Parada (Silleda) PRG -124  

DATOS DA RUTA 

  • Data: Domingo, 8 de abril de 2018.
  • Punto de encontro: Lugar de Buxos, parroquia de Parada, concello de Silleda (Pontevedra)
  • Hora do encontro: 11.00 horas
  • Tipo de ruta: circular
  • Distancia: 8 Km
  • Duración aproximada:
  • Dificultade: baixa
  • Recomendacións: levar roupa cómoda (chubasqueiro por si chove) calzado deportivo, auga e bocatas.

CÓMO CHEGAR

Saíndo desde Pontevedra, por estrada de Ponteveda Ourense N 541 48 km e PO-534 1,5 km.

Desde Santiago, AP 53, saída 33, 33 km e PO 205 11,8 km.

Desde Ourense, AG 53, Saída 46 de AP 53, 49 Km, PO 534 9,6 km.

 

DESCRICIÓN DA RUTA

Iníciase en Buxos, na parroquia de Parada. Percorre un sendeiro circular que descobre muíños, fontes e lavadoires restaurados por iniciativa vecinal. Destaca a importancia da auga nesta zona descubríndonos regueirso, pesas e caneiros.

Seguindo o curso dun regueiro descéndese ata chegar á primeira das fontes restauradas, a fonte de Redemuiños. Neste intre o paisaxe tórnase en leiras e prados que desembocarán preto do Muíño dos Herdeiros. O traxecto continúa ata alcanzar a fonte de Rego do Foxo, seguindo o ascenso acádase o punto máis alto de todo o sendeiro no que, tras atravesar un piñeiral, observaremos unha  alvariza, formación arquitectónica popular da apicultura tradicional.

Seguindo a ruta chégase ata o lugar da Coelleira, iniciando o descenso ata o lugar de Outeiro, onde se atopará unha nova fonte e lavadoiro. Continuando o traxecto chégase a Parada, onde ademais de admirar a fonte e lavadoiro renovados se pode visitar a igrexa de Santo Tomé de Parada.

Á continuación, atoparemos a fonte do Piollo e a Fonte de Fraíz. Seguindo o sendeiro chégase á fonte e lavadoiro do Barro que atopa o punto final do percorrido no muíño e na fonte de Buxos.

Trátase dunha ruta nunha típica paisaxe da Galicia rural, con grandes pradarías verdes, casa de labranza e explotacións gandeiras, alternado con fragas de de carballos, vidos, castiñeiros e piñeiros ao longo do traxecto.

 

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pr-g-124-ruta-da-auga-fonte-e-lavadoiros-de-parada-1781443

¡ESTADES TODOS E TODAS INVITADOS!

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies