TALLER de Ecografía en Urxencias

Mapa no disponible

Información das datas
07/03/2026
9:30 am - 1:30 pm

Sede de celebración
Centro de saúde Concepción Arenal

Na/s categoría/s


Taller presencial o sábado 7 de marzo no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago de Compostela en horario de 09:30h a 13:30h (en total 4 horas formativas).
Este obradoiro terá como finalidade o adestramento no emprego da ecografía no ámbito da atención en Urxencias.
Ofrecerá aos asistentes a oportunidade de facer exploracións ecográficas reais, con modelos reais, e manexar equipos e sondas nas condicións habituais da práctica clínica en Urxencias.
Docentes do Grupo de traballo de Ecografía de AGAMFEC:
Vicente Fernández Rodríguez
Jesús M. Caeiro Castelao
Ramón Veras Castro
Soci@s Agamfec: 35 euros (PRECISAS ENTRAR COA TÚA CONTA)
Inscrición para Non socios a partir do día 2 de febreiro: Non Soci@s: 50 euros
CONSULTA O PROGRAMA EN PDF
Curso dirixido a:
Enfocado a Residentes de Medicina Familiar e Comunitaria
Aberto a especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria
Prazas limitadas: grupos reducidos
Data límite de inscrición:
27 febreiro 2026
➟ Para superar o curso (e recibir o certificado) é preciso asistir no horario completo.
As cancelacións recibidas por escrito a secretaria@agamfec.com antes do día 25 de febreiro terán dereito á devolución do importe excepto 15€ en concepto de gastos.
Para calquera consulta podes escribir a secretaria@agamfec.com

– Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Nº de expediente: SA301A 2026/2-1

Reservas de praza

Tickets

Tipo de tique Precio Plazas
Socias/os 35,00 €

Registration Information

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies