Ecografía en Urxencias. 4ª Edición

10
Mapa no disponible

Información das datas
07/10/2020 - 26/02/2021
Tódala xornada

Na/s categoría/s


Formación semipresencial  CON 8 HORAS DE PRÁCTICAS E CONTIDOS ACTUALIZADOS!!! 

Actividade acreditada con 10,6 créditos CCFCPS-CFC
(expte. num. 09/028300-MD)

Período de matrícula: ata o 7 de outubro de 2020
Período lectivo: do 8 de outubro 2020 ao 26 de febreiro de 2021

 

Coordinadores: Ayose Pérez Miranda e Ignacio Manuel Sánchez Barrancos

Autores/as: Ayose Pérez Miranda, Ignacio Manuel Sánchez Barrancos, Alba Riesgo García, Antonio Lorenzo Ruiz Serrano, Pere Guirado Vila, Rafael Alonso Roca, Carmen Rico López y Jorge Short Apellániz

Titores/as parte online: Ayose Pérez Miranda, Ignacio Manuel Sánchez Barrancos, Alba Riesgo García, Antonio Lorenzo Ruiz Serrano, Marta Marina García Alonso y Jorge Short Apellániz

Titores/as parte presencial: Ayose Pérez Miranda, Ignacio Manuel Sánchez Barrancos, Alba Riesgo García, Antonio Lorenzo Ruiz Serrano, Marta Marina García Alonso y Jorge Short Apellániz

Obxectivos:

  • Sinalar principios básicos físicos da ecografía
  • Identificar utilidades clínicas do emprego da ecografía clínica no ámbito da atención en Urxencias
  • Describir protocolos de uso da ecografía pulmonar como ferramenta no paciente que consulta por disnea, aprendendo protocolos estandarizados que axuden a avaliar de forma sistemática as súas posibles causas
  • Aprender habilidades específicas na diagnose e manexo na enfermidade tromboembólica venosa profunda
  • Coñecer os principios básicos de ecocardiografía
  • Describir protocolos sistematizados que integran ecocardiografía, ecografía pulmonar, valoración de cava inferior, ecografía vascular de membros inferiores e ecografía abdominal no manexo de paciente en shock, inestabilidade hermodinámica ou parada cardiorrespiratoria
  • Adquirir habilidades no manexo diagnóstico inicial do paciente con trauma grave aplicando o protocolo E-FAST (Extended Focused Assessment With Sonography for Trauma)
  • Integrar a ecografía clínica no manexo de patoloxías que cursan con dor abdominal (patoloxía biliar, cólico biliar, patoloxía aórtica…)
  • Mostrar o emprego de ecografía na realización de técnicas habituais en servizos de urxencias, vía venosa, vía aérea, toracocentesis, punción lumbar, paracenteses e periocaridocenteses
  • Tomar decisións ante os problemas de saúde máis prevalentes que afectan ao pulmón e parede torácica: disnea/insuficiencia cardíaca, dor pleurítica con ou sen febre, dor musculoesquelética, shock, incluíndo a sospeita de pneumonía durante a pandemia COVID-19

 

Temario:

Módulo 1. Introdución a Ecografía de Urxencias
Tema 1. Conceptos xerais da ecografía
Tema 2. Principios dos ultrasóns

Módulo 2. Ecografía clínica en paciente con Disnea
Tema 1. Principios de ecografía pulmonar
Tema 2. Diagnose diferencial do paciente con disnea aguda mediante a ecografía
Tema 3. Ecografía no paciente con disnea cardíaca: insuficiencia cardíaca conxestiva
Tema 4. Ecografía no paciente con patoloxía pleural
Tema 5. Consolidación pulmonar
Tema 6. Tromboembolismo pulmonar agudo
Tema 7. Papel da ecografía no paciente con neumotórax
Tema 8. Ecografía no paciente con sospeita Covid-19 TEMA NOVO

Módulo 3. Ecografía clínica en paciente en Shock
Tema 1. Principios de ecocardiografía elemental
Tema 2. Diagnose diferencial do paciente con shock, guiado por ecografía
Tema 3. Ecografía no paciente con shock hipovolémico e cardioxénico
Tema 4. Ecografía no shock obstrutivo
Tema 5. Parada cardíaca

Módulo 4. Ecografía en paciente con traumatismo grave. Protocolo E-FAST
Tema 1. Ecografía en paciente con traumatismo grave. Protocolo E-FAST

Módulo 5. Ecografía clínica en paciente con dor abdominal
Tema 1. Ecografía vías urinarias
Tema 2. Cólico biliar
Tema 3. Outras causas de dor abdominal

Módulo 6. Técnicas ecoguiadas
Tema 1. Vía aérea
Tema 2. Canalización de vías venosas guiadas por Ecografía
Tema 3. Toracocenteses
Tema 4. Paracenteses
Tema 5. Punción lumbar
Tema 6. Pericardiocenteses  

 

PARTE PRESENCIAL:

Realizarase un obradoiro de 8 horas de práctica, podendo elixir día e sede en:

Santiago de Compostela
15 de xaneiro 2021
16 de xaneiro 2021

Madrid
29 de xaneiro 2021
30 de xaneiro 2021

Terá como finalidade o adestramento no emprego da ecografía en todos os campos previamente sinalados. Ofrecerá aos asistentes a oportunidade de facer exploracións ecográficas reais, con modelos reais, e manexar equipos e sondas nas condicións habituais da práctica clínica en Urxencias. Prazas limitadas.

Unha vez inscrito/a, selecciona a sede e data da túa preferencia, facendo clic AQUÍ

Para máis información e reserva de praza na sede que elixades, podedes enviar un correo a [email protected] ou chamar ao 93 317 03 33

Los comentarios están cerrados.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies