Dende Agamfec, principal sociedade dos Médicos de familia de Galicia, ven de enterarse pola información a través das forzas sindicais das intencións da Consellería de sanidade con respecto a Atención Primaria (AP). O proxecto quere reconvertir tódalas prazas de médico/a de familia en Facultativo Especialista en Atención Primaria con asignación de gardas nos PAC, polo que deixarán de crearse prazas de médicos nos PAC que serán cubertas polos FEAP. Esto supón un cambio de categoría que imposibilitará o concurso de traslados aos propietarios que queiran facelo para a súa categoría de médicos de familia.
Tamén, pola falta de profesionais, pretenden homologar títulos de medicina de familia a facultativos sen especialidade nin experiencia asistencial, a través dun cursiño de capacitación. Este tipo de trucos non son quén de facelos con outras especialidades. Ou si lle darían a especialidade de anestesia (que boa falta fan) a médicos licenciados cun cursiño de 3 meses?
Este tipo de noticias só nos deixan dúas tristes conclusións: Que a especialidade de Medicina Familiar non ten consideración na nosa administración e válelles calquera profesional para exercer en AP e que tamén, por desgracia, a transparencia que se lles exixe a outras instancias non a ten asumida o Sergas.
Estas medidas, que máis parecen unha contrarreforma da AP, deberianse facer con luz e taquígrafos no Parlamento e con consenso das forzas sindicais e as asociacións profesionais da AP.
Outra vez a realidade do desprezo a Atención Primaria contradice o falso discurso da importancia da AP como eixo vertebrador do sistema do que tanto alardean os nosos directivos.
Xunta Directiva de AGAMFEC

Ola amigos:
Ben por tervos enterado:
Perigo inminente de queres desvirtuar o traballo Atención Primaria :A Atención Primaria debe seguir e aínda mellorar, co espíritu e estatus co que foi creada: Ateción a saúde integral ao individuo e Comunidade.Polo que de inmdediato creo procede investigar que pasa? Pedir información usando todos os recursos: Colexios Médicos , Sindicatos, Partidos etc, e buscar adhesións.
Por outro lado recén creada a Especialidade de Medicina de Urxencias (MIR 2026). Parece lóxico pensar que as prazas dos PAC debe ser preferentemente ocupadas no futuro por eses novos especialistas a longo prazo.
Defendamos pois a nosa especialidade , o nos bo facer no campo espe´cifico.