Os próximos 16 e 17 de abril celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o XXIII Encuentro PACAP da semFYC baixo o lema Territorios que cuidan, entornos que sanan, unha cita de referencia para todas as persoas implicadas na saúde comunitaria.
Moitos compañeiros de AGAMFEC teñen preparados obradoiros e actividades de promoción da Atención Comunitaria seguindo as tres liñas estratéxicas do encontro:
1- O urbanismo como contorna promotora de saúde: Oportunidades que as cidades e o ámbito rural teñen á hora de xerar contornas promotoras de saúde, facendo fincapé na sustentabilidade, a mobilidade e as brechas de acceso dos devanditos espazos.
2- Espazos que integran, comunidades que enriquecen, experiencias que sandan: Indagarase nas calidades daqueles espazos transformadores que promoven comunidades participativas e integradoras e como podemos servirnos delas para promover experiencias que sandan.
3- Xustiza social e políticas públicas: que foi da Saúde en todas as políticas? Vivenda, economía, educación, accesibilidade, medio ambiente… todo desde a lente da Saúde en todas as políticas.

