Os días 5 a 7 de novembro máis de 120 socios e socias de AGAMFEC asistimos ao XLVI Congreso semFYC de 2026 en Las Palmas de Gran Canaria para participar en sesións formativas e de actualización de calidade nun espazo de bo ambiente xeral. Acompañamos aos colegas que presentaban sesións e pósters, ademais da nosa Vogal de Investigación de AGAMFEC, Noemí López Rey, que participaba no Comité Científico do Congreso.
Felicitamos tamén a Júlia Manchado, referente de Saúde mental de AGAMFEC premiada no Congreso cunha “Bolsa de Investigación Isabel Fernández para teses de doutoramento” polo seu traballo sobre insomnio crónico na consulta de Atención Primaria, parabéns!
Esperamos repetir a experiencia no 2027 na cidade de Valencia con igual número de asociados, contamos con vos!

