Curso: Códigos de emerxencias sanitarias do SERGAS

Aberto o prazo de inscrición nun novo Curso: Códigos de emerxencias sanitarias do SERGAS o luns 4 de maio na Aula CSIS do Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela en horario de 16:30h a 20:30h (en total 4 horas formativas).
A atención ás patoloxías tempo-dependentes é un pilar fundamental na urxencia extrahospitalaria e hospitalaria. O coñecemento exhaustivo dos protocolos de mobilización de recursos do SERGAS permite reducir a morbimortalidade e optimizar os tempos de resposta do sistema sanitario galego.
Este curso ten como obxectivos identificar precozmente os signos e síntomas das patoloxías tempo-dependentes, estandarizar a comunicación entre niveis asistenciais seguindo os criterios do SERGAS e actualizar o manexo terapéutico inicial segundo as últimas guías clínicas integradas en cada código, dando unha visión xeral da coordinación da Atención Primaria co 061 e os Servizos de Urxencias do Hospital.
Dirixido polo Grupo de Traballo de Urxencias de AGAMFEC.
+ INFO E INSCRICIÓNS
DESCARGA O PROGRAMA PDF

– Actividade recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Nº de expediente: SA301A 2026/8-1

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.