Axudas para a relización de teses doutorais “Isabel Fernández” 2026

A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (semFYC), a través da súa Sección de Investigación, CONVOCA 6 AXUDAS para a realización de teses doutorais.

Participantes: Poderán optar a estas axudas todas as persoas que sexan profesionais en activo da saúde dentro do ámbito da Medicina Familiar e Comunitaria e estean asociadas á semFYC.

Tema: O tema deberá estar relacionado coa especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, e desenvolverse no ámbito da Medicina de Familia.

Seguimento, presentación e aprobación da tese: O prazo estimado para a presentación e aprobación da tese non deberá ser superior a 48 meses desde a concesión da bolsa, aínda que se poderá solicitar unha prórroga xustificando as causas que a motivan.

O prazo de envío das solicitudes e documentación finaliza o 23 de abril de 2026.

Consulta as BASES

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.